As Casiñas é a busca dun proxecto que nos permita desfrutar y facer desfrutar dun entorno moi especial.
Nun contexto de despoboación rural, soñamos unha aldea viva onde o turismo sexa un cesto máis onde poñer ovos. Así foi e debería seguir sendo a orixe do turismo rural.
Mantemos, a medida das nosas posibilidades, unha vida labrega que nos enlaza á terra que pisamos. Esa terra que nos brinda xenerosa os seus froitos y se expresa en magníficas paisaxes.