Casa do Solpor

Casa do Solpor é unha casiña restaurada conservando elementos orixinais que lle confiren un marcado carácter.

 

Consta dunha habitación de matrimonio con cama dupla e unha cama supletoria sinxela.

Baño con ducha, cociña-comedor, saliña (con sofá-cama convertible en duas camas sinxelas) e altillo dormitorio (especial para adolescentes aventureiros!).

Accédese por un corredor exterior con vistas á paisaxe da ribeira.

Acceso libre a WIFI e Tv.