Ribeira Sacra


A Ribeira Sacra vos ofrece unha ampla gama de posibilidades de experiencias. Sobre un terreo marcado polo curso encañonado do río Sil, rico en bosques autóctonos e modelado pola acción milenaria de homes e mulleres que nos deixaron unha preciosa herdanza de viñedos en socalcos e monumentos románicos únicos.
Poderás realizar rutas de sendeirismo ou en kaiak polo canon do Sil.
Visitar igrexas, mosterios ou necrópoles medievais.
As visitas ás adegas, do noso traballoso e saboroso viño, son obrigadas!
Ourense capital (a 45 minutos en coche)  ofrécenos unha cidade vella que abraia e as suas afamadas termas.
Sen descartar excursións a vilas  de interese como Allariz ou Monforte de Lemos. Ou por qué non á estación de esquí de Manzaneda.