Casa do Vagar é unha antiga adega-vivenda empregada antano por veciños da serra que baixaban a traballar as suas viñas na ribeira.
Hoxe consta dunha planta baixa con cociña-comedor-saliña con sofá-cama de matrimonio e un aseo.
A primeira planta ten unha habitación de matrimonio con baño.
A segunda planta (abufardada) ten outra habitación con cama de matrimonio, un baño e un sofá-cama para nenos.
Acceso libre a WIFI e Tv.
No verán é unha casa fresca e para o inverno ten radiadores en todas as plantas que funcionan con caldeira de pellet e estufa de leña.